Quantcast
Channel: escolas infantis
Viewing all articles
Browse latest Browse all 7

Concentración diante de dúas escolas infantís de Ferrol en defensa dos servizos públicos e os postos de traballo

$
0
0

As concentracións, nas que tamén participou o persoal de ambos centros, enmárcanse na campaña “Futuro para os centros de Traballo e Benestar” que o Comité de Empresa está a realizar en contra das medidas recentemente impostas pola Consellaría, de xeito unilateral. Entre outras decisións, a Xunta vén de suspender varios artigos do V Convenio Colectivo, aplicar unha modificación substancial das condicións de traballo.

Así mesmo, explica nun comunicado Carme Viso, delegada da CIG, coas mobilizacións quérese denunciar tamén a problemática específica que padecen os centros de Educación Infantil e os seus horarios especiais, e rexeitar as pretensións da Xunta de eliminar até 200 postos de traballo ocupados por persoal interino.

Os traballadores e traballadoras dos centros dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar veñen desenvolvendo un intenso calendario de mobilizacións nos últimos meses para exixir responsabilidades pola política de desmantelamento dos servizos públicos e a amortización de postos de traballo; así como denunciar ante a cidadanía que detrás destas medidas se agocha o obxectivo de ir privatizando e convertendo en negocio estes servizos en detrimento da súa calidade.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 7

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú